Implicadas celebra a VII edición do festival Implícate!

O acto, presentado un ano máis por Yolanda Castaño e Luis Tosar, contará coa participación de grandes personalidades da música, a danza, o teatro e a literatura galega. As entradas xa están á venda na taquilla electrónica de NOVAGALICIA BANCO.
Este Nadal regala solidariedade

Mercando artigos artesanais de comercio xusto ou produtos solidarios poderás aportar fondos para que se poidan levar a cabo proxectos de cooperación. Descubre unha forma máis xusta de celebrar o Nadal.
Campaña de crowdfunding: Colabora co Implícate!

Debido á falta de patrocinios públicos Implicadas/os no Desenvolvemento busca doazóns para pagar os carteis e o equipo técnico do festival Implícate! Dispoñemos de 26 dias para recaudar a cantidade necesaria para a organización do festival. Fai a túa doazón!
VII Edición do ' Implícate! Noite de música e palabra solidaria'

Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a nosa cita anual coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 8 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na séptima edición do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', organizado por Implicadas/os no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Luís Tosar.











