Traballo  no  Sur

Voces dos proxectos

, beneficiaria do proxecto de Mersa, EtiopíaEtenesh ten 55 anos e antes de retirarse hai dez  traballaba nunha fábrica. Despois disto dependía só do seu home. Entrou no grupo Yeshambushal e tomou un crédito de 200 birr grazas ao cal puxo un pequeno negocio de venda de carbón vexetal, mercaba sacos de carbón e vendíaos pero nunca entendera moi ben os ingresos e gastos. Etenesh participou na formación empresarial durante cinco días. Ao rematala, decidiu fabricar ela mesma o carbón vexetal e con isto obter maiores ingresos. Ao cabo de tres días comezou a vender o seu produto e conseguiu uns ingresos de 80 birr na primeira rolda de produción. Segundo ela, asistir á formación axudoulle a xestionar tamén mellor os ingresos e gastos do seu negocio.
 
Mariam, beneficiaria do proxecto de Mersa, EtiopíaCando Mariam se estaba a preparar a mañá da Grande Carreira polos dereitos das mulleres o seu neto díxolle, «Non te avergoñas de ir correr á túa idade?» e rexeitou darlle unhas zapatillas para ir correr xa que ela non tiña, mais ela puxo os seus zapatos de coiro e botou a correr. Sorprendentemente a avoa volveu á casa co premio. Todas e todos debemos saber que as mulleres poden marcar a diferenza estean onde estean.
 
 
Thangaselvi, beneficiaria do proxecto de Karaikal, IndiaThangaselvi ten 27 anos e vive en Madapathur, no distrito de Karaikal. Ten dúas fillas, unha en 1º curso e a outra de só catro anos. O seu home é pescador. Dende sempre tivera interese por aprender costura pero pola situación da familia non puidera nunca asistir a clases. O programa puxo en marcha un centro de costura na súa aldea e agora conseguiu un crédito da Federación de grupos de aforro de Karaikal iniciada polo programa e conseguiu un crédito de 5.500 rupias (86 euros) cun xuro do 1%. A partir de entón conseguiu poñer en marcha un negocio de costura na aldea. Agora gaña 95 rupias ao día e pode devolver o crédito sen problemas.
 
 
Muthulakshmi, beneficiaria do proxecto de Karaikal, IndiaMuthulakshmi ten 35 anos e vive en Thenkarai, unha aldea de Karaikal. Ten dúas fillas e un fillo que estudan 9º e 3º curso e 7º curso respectivamente. Ela encárgase da casa e o home traballa de xornaleiro. Debido á mala condición económica da familia non adoitaban prestar especial atención á educación das crianzas pero ao comezar as clases de apoio a situación cambiou e agora as tres van moi ben na escola.
 
 
Malathy ten 22 anos e vive en Parakallur, no bloque de Tharamangalam. Ela e o seu home, que é mecánico, xa tiñan dúas xemelgas de 3 anos. Malathy coñeceu o persoal de base durante o seu terceiro embarazo cando estaba de cinco meses.
Malathy, beneficiaria do proxecto de Salem, IndiaQuería ter un fillo a toda costa e cando soubo que o persoal traballaba en contra do infanticidio de inmediato se negou a falar con elas. Durante a segunda visita da traballadora de base, a sogra de Malathy saíu insultala e non lle permitiu falar con Malathy. Despois de repetidas visitas e esforzos unha asesora conseguiu reunirse con Malathy. Ao primeiro falóuselle de temas nutricionais e animouna a facer seguimento e vacinación ata poder chegar a falar de cuestións de xénero. Ao primeiro amosábase moi reticente e comentou que a súa irmá cometera un infanticidio. Grazas ao seguimento e interaccións do persoal de base foi cambiando de actitude e cando finalmente tivo unha filla aceptouna de bo grao.
 
 
Manjula, beneficiaria do proxecto de Salem, IndiaManjula ten 27 anos e vive en Vanachampatti, no bloque de Tharamangalam. Ela e o seu home, que é camioneiro, tiveran xa dúas fillas, unha das cales morreu en canto naceu. Manjula comentou que fora por unha enfermidade pero a veciña e a traballadora da gardería sospeitaban que se puidera tratar dun infanticidio. Isto acontecera había tres anos. Cando o persoal a coñeceu estaba no seu terceiro embarazo. Ao saber cal era o propósito do programa evitou o persoal e negouse a interactuar coas traballadoras. Logo comezou en novas visitas a dialogar con elas pero sen mencionar a morte da súa primeira filla. Durante a interacción comprobouse que era o home quen non quería ter fillas. A asesora reuniuse con el e grazas ao diálogo e asesoramento polo menos conseguiron que cando Manjula tivo a súa filla decidiran dala en adopción.
 
Palaniammal, beneficiaria do proxecto de Salem, IndiaPalaniammal ten 29 anos e vive co seu home en Pottiyapuram, no bloque de Omallur. Xa teñen tres fillas de 6, 5 e 2 anos. Cando o persoal falou con ela por primeira vez estaba embarazada de cinco meses. Ata entón non fora a ningún seguimento médico por medo de que se soubese que estaba embarazada e polo que podería pasar se tivese outra nena. O persoal motivouna para que se rexistrase no centro sanitario e así evitar un parto na casa, que é unha circunstancia de alto risco. Sempre que o persoal falaba con ela a súa sogra estaba presente e non permitía que ela falase con liberdade. Coa axuda de algunhas veciñas a traballadora de base e a asesora puideron reunirse con ela e falarlle da igualdade de xénero e tamén falaron coa sogra. Despois de repetidas interaccións toda a familia cambiou de parecer. Palaniammal tivo unha meniña e a familia recibiuna con agrado e ademais Palaniammal decidiu someterse a unha ligadura de trompas grazas á orientación do persoal.

| | |

Plataforma de formación

A través da plataforma de formación en liña, Implicadas pretende ofrecer un espazo aberto a todas as cidadás e cidadáns, sen importar ónde se atopen, no que poder recibir formación sobre temas relacionados coa cooperación ao desenvolvemento e a solidariedade.
Visítaa para coñecer os cursos dispoñibles »
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com