Axenda  de  eventos

Implicadas pon á venda libros da súa biblioteca para recadar fondos para o Proxecto de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem (India)

Dende o 06 de setembro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013

A maioría dos títulos, escritos ou traducidos en galego, están sen estrear e ofrécense á metade do prezo de mercado. Entre as obras á venda atópanse: 'A voda', de Carson McCullers; 'Dragona', de Xavier Queipo ; 'Casa de bonecas', de Henrik Ibsen, ou 'Setembro', Marta Dacosta.

Dentro das iniciativas que Implicadas/os No Desenvolvemento está levando a cabo para financiar os proxectos de cooperación na India inclúese esta acción, que se desenvolve por segundo ano consecutivo e que consiste en ofrecer ao público en xeral obras da súa biblioteca a prezos reducidos. Os títulos, escritos ou traducidos en galego, están en estado seminovo ou sen estrear e as persoas interesadas pódenos mercar a 5 euros/exemplar.

 

As obras á venda son:


>> Subversións, de Fran Alonso

(6 exemplares á venda)


>> A voda, de Carson McCullers

(13 exemplares á venda) 
 


>> Casa de bonecas, de Henrik Ibsen

(5 exemplares á venda)


>> Usha, de María Reimóndez

(6 exemplares á venda)


>> Dragona, de Xavier Queipo

(12 exemplares á venda)


>> Un escuro rumor tralo silencio, de Isidro Novo

(3 exemplares á venda)


>> Secesión, de Chus Pato

(15 exemplares á venda)


>> Smara, de Paula Carballeira

(13 exemplares á venda)


>> Ancho mar de argazo, de Jean Rhys

(8 exemplares á venda)


>> Se algún día esta muller morta, de Miguel Sande.
(13 exemplares á venda) 


>> Persiana, pedramol e outros nervios, de Fran Alonso. 
(7 exemplares á venda) 


>> O paxado do mel, de Adolfo Caamaño

(2 exemplares á venda)


>> Calella sen saída, de Víctor Omgbá

(8 exemplares á venda)


>> O concertista de paxaros, de Josep-Francesc Delgado. 
(15 exemplares á venda) 


>> Setembro, de Marta Dacosta

(4 exemplares á venda)


>> Ningúen está só, de VV. AA. (Amnistía Internacional).
(8 exemplares á venda) 


>> Contrato temporal, de Beatriz Dacosta Morales

(5 exemplares á venda)

 



Ademais, Implicadas tamén ten á venda os seus propios libros:
 

>> O son das buguinas (2007):

A obra inclúe sete contos que nos achegan á realidade de persoas diferentes partes do mundo. Os autores dos relatos son: Marilar Aleixandre, An Alfaya, Fran Alonso, Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, María Reimóndez Meilán, Dolores Ruiz. As ilustracións son de Xulia Barros

Prezo: 20 euros.
  








>> Vanakkam-Benvidas (2007):

É un libro e CD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento   que recolle poemas de autoras tamiles (Andal, Kutti Revathi, Malathi Maithri, Salma e Sukirtharani) e galegas (Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, María do Carme Kruckenberg, Yolanda López, Chus Pato e María Reimóndez). 
 
Prezo: 10 euros.
 










>> As que rubimos montañas (2012):


É un libro solidario promovido por Implicadas/os no Desenvolvemento que recolle poemas de autoras etíopes (Yemoddish Bekele; Mihret Kebede; Tigist Mitiku; Misrak Tefere; Azeb Yosef; Abebech Diriba) e galegas (María Reimóndez; Antía Otero; Lucía Aldao; Estíbaliz Espinosa; Marga do Val; María Lado; María do Cebreiro). 

Prezo: 12 euros.








*Todas/os as/os autoras/es que fixeron realidade estes libros participaron de xeito totalmente desinteresado. 


Se estás interesada/o en mercar algunha destas obras podes visitar o noso local situado en Avenida das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra) ou contactar con nós a través das seguintes canles: 886 111 911 – 606 315 071  ou info@implicadas.com. [Os gastos de envío correrán a cargo da compradora ou comprador]

 

| | |
 
<< Ver anterior evento        Listado de eventos        Ver seguinte evento >>

Plataforma de formación

A través da plataforma de formación en liña, Implicadas pretende ofrecer un espazo aberto a todas as cidadás e cidadáns, sen importar ónde se atopen, no que poder recibir formación sobre temas relacionados coa cooperación ao desenvolvemento e a solidariedade.
Visítaa para coñecer os cursos dispoñibles »
Implicadas No Desenvolvemento   |   Tlf: 886 111 911 – 606 315 071   |   Avda. das Camelias, 49 interior - 36211 Vigo (Pontevedra)   |   Email:
Aloxamento web cedido por Alén Multimedia - www.alenmultimedia.com